sábado, 23 de mayo de 2020

III CERTAME DE POEMIÑOS POLAS LETRAS!!!

Un ano máis, desde o CPI Castro Baxoi, nestas datas, achegamos o noso certame

 "Poemiños polas Letras".
Aínda na distancia, agardamos a vosa colaboración. Cambian as circunstancias e a difusión pero non a nosa ilusión.
Condicións:
- Tamaño:  folio A4 vertical.
- Idioma: GALEGO
- Formato: JPEG (Foto completa da páxina, centrada en tomada en vertical).
- Nome e curso do alumnx
- Temática: Libre (excepto política)
- Incluirase o poema e un debuxo que ocupen o folio enteiro.

*Enviar os poemiños a: poeminospolasletras@gmail.com

*Todos os poemas serán subidos a este blogue:

Poemiños polas letras - Castro baxoi (poeminospolasletras.blogspot.com)

*Tamén poderedes atopalos nas redes sociais do colexio e do Concello de Miño.

(por motivos de tempo, non se incluirán os poemas que non cumplan os requisitos)

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!! AGARDÁMOSVOS!!!

miércoles, 20 de mayo de 2020

APRENDEMOS A MULTIPLICAR LEVANDO...!!!


Ola a todos e todas. Hoxe imos MULTIPLICAR LEVANDO!!!

Algúns xa sabedes pero outros non!!
Aquí podedes aprender!!!
Repetide o vídeo ata entendelo ben!!

HORTO - PLANTAMOS AS CENORIAS

Agora que xa temos as cenorias xermoladas, imos plantalas. Podedes plantalas en terra directamente, nunha vasilla ou nunha botella de plástico á que lle cortades a parte de arriba (non esquezades facerlles uns buratiños por abaixo para que drene, que saía a auga que sobra)
 E agora.... tócanos agarda e ver se saen as cenorias... lévalles tempo ... Avisamos...!

 

Tamén podedes plantalas nestas bolsiñas e poñelas nunha ventá para ver como medran ou  nun bote de iogurt ou vasilla.



lunes, 18 de mayo de 2020

DÍA DOS MUSEOS - 18 DE MAIO

Hoxe é o DÍA DOS MUSEOS.
Imos recomendarvos un  museo que está moi pretiño de nós:
 O Museo Etnográfico de A Capela.

Enclavado nas marabillosa Fragas do Eume pertence a toda unha rede formada por: A Casa do Pazo
 O Parque Etnográfico do Río Sesín e 
a Escola de Guitriz.
O museo naceu no ano 2001 a partires dos fondos do Colexio CEIP Mosteiro de Caaveiro no ano 1981 coa participación de pais, mestres, veciños e principalmente dos nenos e nenas.

¡ FIXÁDEVOS UN MUSEO QUE NACEU NUN COLE!!!
En canto sexa posible non dubides en acodir a coñecelos...
(aquí vos deixamos máis información)

http://www.museodacapela.org/
VíDEO (pica para ver o vídeo)


HOXE CANTAMOS E SEMENTAMOS - A SEMENTEIRA



OLA CORAZÓNS, SEGURO QUE ESTA A COÑECEN NA CASA.... CANTEMOS!!!

LIBRO RECOMENDADO DA SEMANA - CORAZÓN DE IDEAS

https://weeblebooks.com/libros/Corazon_de_idea.pdf

domingo, 17 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FALEMOS GALEGO!!!


Con esta viñeta de Luis Davila, queremos desexarvos a todos e todas,
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

jueves, 14 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO

http://seminariogalan.org/inicio/ver/464
Este ano adícase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 a RICARDO CARVALHO CALERO. 
(preme na foto e descobre con este xogo quen foi)

miércoles, 13 de mayo de 2020

HORTO - EXPERIMENTO 3 - XERMOLAMOS SEMENTES


Xa non é necesario que tomedes nota na libreta deste experimento, pero facédeo na casa de igual xeito.Podedes empregar este método coas sementes que teñades pola casa (limóns, laranxas, fabas e lentellas)Pedide axuda para o que necesitedes.

Este experimento terá unha segunda parte,.... pero avisaremos cando teñades os xermolos.

martes, 12 de mayo de 2020

HORTO - EXPERIMENTO 2 - XERMOLAMOS TOMATES


Hoxe deixamos un titorial para que vexades o proceso da plantación e xerminación de tomates!!!
Veremos que pasa !!! Pedide axuda para o proceso a una adulto!!

*Por certo, podedes aproveitar e facer esta regadeira caseira!!!

HORTO - FABAS E LENTELLAS PLANTADAS NO INVERNO



Fíxádevos que fabas e lentellas teñen Aroa e Sofía!!!
Plantáronas en inverno, cando fixemos a plantación na clase!!
Vós facede ben o HORTO que ao mellor xa temos tomates e cenorias para o verán!!!😀😀😀😀😀

lunes, 11 de mayo de 2020

HORTO - EXPERIMENTO 1 - CENORIAS EN OVEIRAS


Deixamos estas fotos para que vos axuden no proceso.
Deixade unha folla de libreta para cada un dos experimentos.
Lembrade poñer data en vermello e copiar con boli azul.
As vosas anotacións a lapis.
Máis adiante pediremos que nos enviedes as vosas anotacións.

CANCIÓN DA SEMANA "DIME QUE FIXECHES"


Hoxe temos gana de festa.... así que está canción para bailar con toda a famlia é superdivertida!!!

LIBRO RECOMENDADO DA SEMANA - EL MAGO DETECTIVE

https://weeblebooks.com/libros/El%20mago%20detective.pdf

lunes, 4 de mayo de 2020

CANCIÓN DA SEMANA - O PIRATA METEPATA


ESTA SEMANA TODOS SEREMOS UN POUCO PIRATAS!!!😀😁😂
O PIRATA METEPATA de Mamacabra.

CUENTO DE LA SEMANA - EL NOMBRE INVISIBLE

https://weeblebooks.com/libros/El%20nombre%20invisible.pdf


El nombre invisible será o noso libro desta semana. Ide lendo un pouquiño cada día. Lembrade dar a + no zoom para ampliar.
Agardamos que vos guste.

MURAIS DOS ANIMAIS ... .desde a casa


       Mural de Estela                Mural de Adriana               Mural de Diego Pérez


Mural de Carla

AS MULTIPLICACIÓNS ... SON A BOMBA!!!

https://view.genial.ly/5bad18b60c96e06f5f35e4a9
Para os que xa tedes repasada toda a táboa..., este xogo é a bomba!!!

viernes, 1 de mayo de 2020

AÍ VEN O MAIO.... MANDA O DEBUXO DO TEU MAIO!!

"MAIO" do CPI CASTRO BAXOI 2019 


Este ano non podemos celebrar
 "OS MAIOS" no cole, pero imos celebralo aquí, todos xuntos no noso BLOGUE.

OS MAIOS, son celebracións moi antigas, tanto que teñen máis de 2000 anos, fíxadevos, así que é moi importante seguir conservándoas.

Celébrase a chegada da primavera, da calor e das primeiras colleitas.

O costume era cortar unha árbore, poñela no medio da aldea e adornala con frores e froitos. Nas portas das casas, tamén, se colocaba unha rama de árbore con ou sen frores, para facer o noso propio maio.

Unha proposta!!!, facede o debuxo dun MAIO e mandádeo (foto) ao correo para facer un MAIO entre todos. Podedes utilizar este debuxo como exemplo ou se queredes só colorear.

Deixade voar a vosa imaxinación!!!
Todos xuntos faremos O MAIO!!!!!!!!!



Poema musicado por Luis Emillio Batallán
 do escritor galego Manuel Curros Enríquez

RETO DE COCIÑA - LARPEIRADAS...SAÚDABLES...



Aquí vos deixamos a Tarta Fría de Paula!!




 Denís e Luca preparon espaguetis con salchicas e Frixuelo de Navelgas!!



Laura déixanos a súa receta de CREPS!! 


 Noa preparou Nuggets e Polos de Sandía 




 Estela preparou Tarta da Avoa              Claudia preparou Torta de limón



 María tamén cociñou